GRIS tamén chegará á tenda dixital de Apple

GRIS tamén chegará á tenda dixital de Apple

Lohgo de se converter nun éxito internacional, tanto en PC como en Nintendo Switch, a obra de Nomada Studio, GRIS, lanzarase para  iPhone e iPad o próximo 22 de agosto. O título terá un peso próximo aos 3 GB e un prezo de 5,49 euros.

GRIS trátase dunha viaxe de enorme beleza, unha aventura que percorre o mundo dos sentementos, que foxe da acción típica e que se centra na exploración e a resolución de crebacabezas, sempre a través dunha estética única. A cada vez máis coñecida Devolver Digital foi a editora detrás do seu lanzamento.

En Morcego dedicámoslle unhas xentís palabras despois do seu lanzamento.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados