Grounded recibe a desexada localización ao castelán no seu último parche

Grounded recibe a desexada localización ao castelán no seu último parche

Obsidian sorprendeu no seu día  a toda a comunidade de Microsoft co seu novo proxecto, Grounded. O título atópase en fase de acceso anticipado, polo que algunhas características que solicitan os xogadores aínda non están implementadas. Porén, unha das máis agardadas como era a localización ao castelán e xa está dispoñíbel.

Os idiomas francés, alemán e italiano tamén se incluíron na obra que nos permite transportarnos ao xardín dunha casa, pero cos nosos personaxes nun tamaño reducido. Desde esta perspectiva os insectos serán seres ameazadores e teremos que construír o noso propio refuxio para defendernos.

A tirolesa e a roda xiratoria son outros dos elementos que se incluíron en Grounded co novo parche.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados