Actualidade GTA 4 xa non se pode mercar en Steam ao non ser posíbel xerar novas claves

GTA 4 xa non se pode mercar en Steam ao non ser posíbel xerar novas claves

Grand Theft Auto 4 xa non está dispoñible en Steam para a súa compra. O título de Rockstar continúa na tenda de Valve, mesmo pode ser adquirida a súa expansión Episodes from Liberty City, pero non a obra completa ou orixinal.

Non tardou a compañía en dar explicacións a esta repentina desaparición. A empresa estadounidense sinalou ao medio Polygon que a retirada da obra estaba relacionada co fin do soporte de Games for Windows Live.

«Grand Theft Auto IV creouse orixinalmente para a plataforma Games For Windows Live. Agora que Microsoft non dá soporte a este servizo, xa non é posíbel xerar as claves adicionais para seguir vendendo a versión actual do xogo. Estamos a mirar outras opcións para distribuír GTA IV en PC e compartiremos máis información tan pronto como sexa posíbel», explican desde Rockstar.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.