GTA Online vístese de verán coa súa nova actualización

GTA Online vístese de verán coa súa nova actualización

Buscando sorprender ao seu público, Rockstar vén de lanzar a nova actualización para GTA Online. Leva por título Los Santos Summer Special e trae novas misións cooperativas, contido variado e vehículos a estrear. Xa está dispoñible para a súa descarga.

No blogue oficial de Rockstar podes atopar todo o contido que foi incluído. A modo de resumo, a continuación podes ler unha listaxe cos novos vehículos:

  • Lampadati Tigon
  • Invetero Coquette D10
  • Declasse DR1
  • Vapid Peyote personalizado
  • Imponte Beater Dukes
  • Albany Manana personalizado
  • Bravado Gauntlet Classic personalizado
  • Declasse Yosemite Rancher
  • Canis Seminole Frontier
  • Bravado Youga Classic 4×4
  • Dundreary Landstalker XL
  • Benefactor Glendale personalizado
  • BF Club
  • Maibatsu Penumbra FF
  • Benefactor BR8

Doutra banda, foron engadidas seis novas misións cooperativas, que se poderán comezar desde o navío dos donos dun barco Galaxy ou chamado por teléfono o capitán Garcy. Amais disto, poderás conseguir o dobre de recompensas nas novas aventuras marítimas até o 19 de agosto. Se es anfitrión das seis misións e logras completalas todas poderás desbloquear unha indumentaria naval.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados