GTA: The Trilogy recibe unha actualización chea de melloras e correccións varias

Malia que o seu lanzamento non estivo exento de certa polémica, Rockstar foi traballando en GTA: The Trilogy – The Definitive Edition desde que foron reportados os seus primeiros problemas entre o público.
A compañía acaba de publicar un novo parche, bastante grande, que recolle máis dun centenar de cambios. Concretamente, as notas oficialas falan de 45 correccións en GTA III, 31 en GTA: Vice City e 45 en GTA: San Andreas.
Amais da eliminación destes erros, engadiuse, de forma xeral, unha serie de melloras que se deixarán notar nos tres títulos. Así, o rendemento do tres xogos foi mellorado, contando agora con maior estabilidade gráfica e foron eliminados bugs que tiñan que ver coas colisións, a sinalización ou as texturas.