Actualidade GTA: The Trilogy, saída e volta das remasterizacións a PC

GTA: The Trilogy, saída e volta das remasterizacións a PC

Rockstar anunciou o regreso de GTA: The Trilogy – The Definitive Edition á súa tenda para PC. O xogo fora retirado o pasado xoves do Rockstar Launcher após seren detectados diversos erros e problemas de gravidade na versión para ordenador, como a incluisión dalgunhas das cancións que quedaran fóra da banda sonora orixinal da triloxía ou mesmo código oculto destes xogos, como a presenza de arquivos de Hot Coffee, un polémico minixogo de GTA San Andreas cun gráfico contido sexual que foi eliminado antes do lanzamento orixinal do xogo.

Semella que a compañía xa endereitou o barco —polo menos neste asunto— e xa confirmou que está a traballar en optimizacións para o tres títulos. GTA: The Trilogy – The Definitive Edition recibiu un enorme número de críticas polo rendemento do xogo e diversos bugs visuais, como por exemplo unha choiva esaxerada no San Andreas, ou a deformidade de diversos personaxes. Sexa como for, tamén recadou algunhas críticas positivas no referido a a súa iluminación ou a diversas texturas que si gañaron en definición e modernidade.

Porén, o reviewbombing fixo acto de presenza e, polo momento, a nota deste conxunto de remasterizaciones sitúase como unha das máis baixas e castigadas de Metacritic, un escaso 0,5.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.