GTA V é o xogo máis vendido en España no mes de maio

A Asociación Española de Videojuegos fixo pública a lista dos títulos máis vendidos en España ao longo do mes de maio. Non hai excesivas sorpresas, mais a presenza de Grand Theft Auto V (para PS4) como xogo máis vendido do mes por enésima vez é digna de estudo. Así é, a obra de Rockstar vendeu máis que Resident Evil Village ou New Pokémon Snap este mes de maio.
Falando do xogo de Capcom, sorprende comprobar que a versión de PlayStation 5 vendeu máis copias que a de PlayStation 4, o que ofrece unha radiografía bastante interesante sobre a cantidade de novas consolas que hai xa nos fogares. Doutra banda, Nintendo colócase como o outro gran sistema en vendas, con seis xogos de dez posíbeis entre os máis vendidos.
A lista dos máis vendidos en formato físico en España durante o mes de maio tela a continuación, malia que tamén podes consultar as listas completas por plataformas aquí.
- Grand Theft Auto V (PlayStation 4)
- Super Mario 3D World + Bowser’s Fury (Nintendo Switch)
- Resident Evil Village (PlayStation 5)
- Resident Evil Village (PlayStation 4)
- Minecraft (Nintendo Switch)
- Animal Crossing: New Horizons (Nintendo Switch)
- Mario Kart 8 Deluxe (Nintendo Switch)
- FIFA 21 (PlayStation 4)
- New Pokémon Snap (Nintendo Switch)
- Miitopia (Nintendo Switch)