GTA V segue vendendo o imposíbel e alcanza as 140 millóns de copias vendidas
Case por estatística, é máis probábel que esa persoa que coñeces teña o GTA V nalgunha plataforma que non. O título de Rockstar segue sendo unha mina de ouro para os seus creadores e para Take-Two, a súa editora, pois xa alcanzou os 140 millóns de unidades vendidas en todo o globo. Logra este fito logo dun ano incribel, onde colocou 20 millóns de novas copias.
Hai que ter en conta que GTA V viu a luz en PS3 e Xbox 360 no ano 2013, case pasou unha década. Polo camiño triunfou nunha nova xeración, foi consumido masivamente por ela e xa ten plans para desembarcar en PlayStation 5 e Xbox Series X|S. Imparabél.
Segundo a información ofrecida polo analista Daniel Ahmad, os datos non teñen en conta as copias que foron regaladas a través da Epic Game Store, que ofertou o xogo de Rockstar hai uns meses por cero euros, o que xerou un aluvión colosal de descargas e de movemento na tenda dixital.
Grand Theft Auto V has now sold in 140 million units.
This is up 20m units from last year and Take Two says 2020 has been the best selling year for the game since 2013, despite being free on the Epic store at one point.
A version is still planned for PS5 and XBSX|S this year. pic.twitter.com/A2ruL0DrEy
— Daniel Ahmad (@ZhugeEX) February 9, 2021
O analista tamén recompila os datos de vendas do xogo de acción e mundo aberto desde o seu lanzamento. Lonxe de diminuír cos anos, as súas vendas disparáronse nos últimos 24 meses, co auxe do roleplay e a recuperación do título por parte da comunidade, amais das diferentes actualizacións que foi recibindo GTA Online:
- 2013: 32.5 millóns de copias vendidas
- 2014: 12.5 millóns de copias vendidas
- 2015: 15 millóns de copias vendidas
- 2016: 15 millóns de copias vendidas
- 2017: 15 millóns de copias vendidas
- 2018: 10 millóns de copias vendidas
- 2019: 20 millóns de copias vendidas
- 2020: 20 millóns de copias vendidas