Actualidade Guerrilla Collective, o evento dixital que achegará decenas de anuncios este xuño

Guerrilla Collective, o evento dixital que achegará decenas de anuncios este xuño

A unión fai a forza. Esta semana presentouse en sociedade Guerrilla Collective, un evento colectivo que ben podería estar consdierado o sucesor do Kinda Funny, cita que nos últimos anos aglutinaba no E3 diversos anuncios de carácter independente. Greg Miller, presentador da cita americana, fará de anfitrión de novo.

Entre o 6 e o 8 de xuño, a partir das 19 horas, diversos estudios e editoras independentes realizarán os anuncios que tiñan previstos para este verán, entre os que se inclúen as presentacións das súas novas obras. Dentro da listaxe de invitados aparecen ZA/UM (Disco Elysium) 11 bit studios (Frotspunk, This War of Mine), Another Indie (editora do galego Yuppie Psycho) ou Paradox Interactive (Cities: Skylines).

Aquí tes a lista completa de participantes:

  • 11 bit studios (Frostpunk, This War of Mine)
  • Another Indie (SIMULACRA 2, Yuppie Psycho)
  • Coffee Stain Studios (Satisfactory, Deep Rock Galactic)
  • Fellow Traveller (In Other Waters, Neo Cab)
  • Funcom (Mutant Year Zero: Road to Eden, Conan Exiles)
  • Good Shepherd Entertainment (John Wick Hex, The Eternal Cylinder)
  • Headup (Bridge Constructor Portal, Pumpkin Jack)
  • Humble Publishing (Temtem, Forager)
  • Larian Studios (Baldur’s Gate III, Divinity: Original Sin II)
  • Modern Wolf (Necronator: Dead Wrong, Out There: Oceans of Time)
  • Paradox Interactive (Cities: Skylines, Stellaris)
  • Raw Fury (Kingdom Two Crowns, Atomicrops)
  • Rebellion (Sniper Elite 4, Zombie Army 4: Dead War)
  • Those Awesome Guys (Monster Prom, Move or Die, Floppy Knights)
  • Thunderful (SteamWorld Quest: Hand of Gilgamech, Lonely Mountains: Downhill)
  • United Label (Eldest Souls, Röki)
  • Versus Evil (The Banner Saga, Pillars of Eternity II: Deadfire)
  • Whitethorn Games (Aground, StarCrossed)
  • WINGS Interactive (Later Daters, Lord Winklebottom Investigates)
  • Ysbryd Games (WORLD OF HORROR, VA-11 HALL-A: Cyberpunk Bartender Action)
  • ZA/UM (Disco Elysium)
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.