Actualidade Guerrilla dá por arranxado Horizon: Zero Dawn para PC co seu último parche

Guerrilla dá por arranxado Horizon: Zero Dawn para PC co seu último parche

Non tivo unha boa estrea Horizon: Zero Dawn en PC. O exclusivo de Sony até agosto do ano pasado era unha xoia máis que cobizada polos usuarios de ordenador, unha quimera que por fin viron materializada. Problema? Os innumerables problemas cos que aterrou en Steam: un rendemento pobre, crasheos, mala optimización… Guerrilla Games prometeu corrixir todos os fallos e semella que o conseguiron.

O estudio acaba de publicar o seu parche 1.10 que inclúe as típicas correccións de erros e melloras varias en diversos apartados, como posíbeis crasheos ao pulsarmos a tecla de Windows ou problemas gráficos segundo a configuración elixida.

Ora ben, esta será a última actualización que recibirá o título durante bastante un tempo. Guerrilla confirmou que van centrar os seus esforzos no desenvolvemento de Horizon: Forbidden West, polo que avisan o público que os parches para Zero Dawn irán chegadon, si, pero con menos regularidade do que até agora. Non descartan corrixir problemas, pero o ritmo para isto será máis baixo, ao daren por bo o actual estado da versión de PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.