Guerrilla Games actualiza Horizon Zero Dawn en PC para mellorar o seu rendemento
A chegada de Horizon Zero Dawn a PC foi un das máis esperadas pola comunidade de todo o ano. Porén, unha serie de graves erros estiveron entorpecendo a experiencia dos usuarios que reclamaban a Guerrilla Games por un parche que solucionase estes problemas.
Finalmente, a chegada da actualización 1.04 xa é real. Entre as melloras máis destacadas atópase un mellor rendemento do uso da CPU, estabilización na caída do framerate e solución aos fallos nas texturas. O parpadeo nos efectos volumétricos e os problemas coas tonalidades ao activar o HDR tamén se eliminaron.
Desde a desenvolvedora aseguran que non se trata do parche definitivo, aínda que soluciona a maior parte dos problemas que estaban a sufrir os xogadores. Deste xeito, é previsíbel que Horizon Zero Dawn reciba máis parches no futuro para mellorar o seu rendemento en PC.
We’ve just released Patch 1.04 for #HorizonZeroDawnPC! In this patch we’re addressing additional crash fixes, as well as several gameplay and performance improvements.
Thank you for your continued support!
🗒️ Patch notes here: https://t.co/evypyDv5eo
https://t.co/JUgV7to4qw pic.twitter.com/V9qxAngHSZ— Guerrilla (@Guerrilla) September 7, 2020




