Guerrilla Games traballa en mellorar o rendemento de Horizon: Zero Dawn en PC

O lanzamento de Horizon: Zero Dawn en PC foi un dos máis agardados por parte da comunidade, xa que supoñía a chegada dun exclusivo de PlayStation ao terreo dos computadores. Porén, unha gran cantidade usuarios —o que escribe de exemplo— sufriron diversos tipos de erros, fallos técnicos e crasheos do xogo.
Guerrilla Games quixo saír ao paso desta problemática cun comunicado en Steam, asegurando que están a tomar nota de todo o sucedido e xa se atopan traballando para solucionar todos os problemas canto antes. O equipo de desenvolvemento agradece o feedback recibido por parte da comunidade e animan á mesma a notificar todos os erros que atopen, xa que «os vosos informes son, e xa foron, incriblemente útiles».