Guerrilla ofrece novos detalles sobre as mecánicas de Horizon Forbidden West
Guerrilla Games mostrou e explicou esta semana algunhas das novas mecánicas de Horizon Forbidden West a través del blog oficial de PlayStation.
Entre elas aparece o Pullcaster —o garfio que xa vimos en acción durante o segundo adianto do xogo—, un dispositivo co que poderemos agarrarnos a distintas plataformas, o que «permite ao xogador ascender rápida e facilmente pola contorna e proporciona unha opción dinámica de percorrido / escape ao gameplay», e que terá a capacidade de destruír e manipular a contorna.
Use Aloy’s wrist-mounted Pullcaster to grab far off chests or launch into the sky. More on Horizon Forbidden West’s new tools and traversal abilities: https://t.co/QxfXQcn9Yk pic.twitter.com/mCkgEQrvNi
— PlayStation (@PlayStation) October 25, 2021
Tamén está o Shieldwing, co que Aloy poderá preparar golpes vesticales namentres planea, ofrecendo unha maior mobilidade sobre o escenario. «O que máis nos emociona é como as nosas mecánicas, novas e vellas, interactúan entre si para proporcionar enfoques variados e dinámicos en calquera escenario», explican os responsables da obra no comunicado.
Por suposto, haberá novas armas, malia que tamén repetirán algunhas do pasado. E o DualSense? Terá soporte completo, por suposto. Segundo o explicado por Guerrilla, tamén a IA dos inimigos foi mellorada, poloque poderán atacar e emboscar en grupo.
Si nada o impide, Horizon Forbidden West chegará o 18 de febreiro do 2022 para PlayStation 4 e PlayStation 5, configurándose como un dos grandes exclusivos de Sony para esta xeración.