Guía :: Tipos, debilidades e fortalezas en Temtem

Novo en Temtem? Estás a xogar co título de Crema Games e tes dúbidas sobre os tipos de criaturas que habitan o seu mundo? Non hai problema. Quixemos sintetizar nas seguintes liñas as diferentes posibilidades que ofrece neste eido o xogo, para que así poidas gañar os combates con maior facilidade.
Non é ningún segredo que se vés de Pokémon, ou xogaches algún título de Game Frak, as relacións de fortalezas e debilidade seguen unha relación similar, a miúdo lóxica. Un Temtem tipo lume será bo contra un tipo natureza, por exemplo, pero tamén contra cristal. Non é difícil aprender o cadro de interaccións, pero telo diante sempre axuda.
A día de hoxe, Temtem conta con 12 tipos diferentes de criaturas segundo a súa fisioloxía, a saber: Neutral, Lume, Auga, Natureza, Eléctrico, Terra, Mental, Vento, Dixital, Melee, Cristal e Tóxico. Na seguinte táboa podes ver como se comportan uns Temtem con outros:
Tipo | Bueno contra (dano x 2) | Malo contra (dano x 0.5) |
---|---|---|
Neutral | Nada | Mental |
Lume | Natureza, Cristal | Lume, Agua, Terra |
Auga | Lume, Terra, Dixital | Auga, Terra, Tóxico |
Natureza | Auga, Terra | Lume, Terra, Tóxico |
Eléctrico | Agua, Mental, Vento, Dixital | Natureza, Eléctrico, Terra, Cristal |
Terra | Lume, Eléctrico, Cristal | Auga, Natureza, Vento |
Mental | Neutral, Melee | Cristal |
Vento | Tóxico | Eléctrico, Vento |
Dixital | Mental, Dixital, Melee | Nada |
Melee | Terra, Cristal | Nada |
Cristal | Eléctrico, Mental | Lume, Terra |
Tóxico | Auga, Natureza | Terra, Dixital, Cristal, Tóxico |
Ten en conta que un mesmo Temtem pode ser de dous tipos, pero nunca de máis. Con isto na cachola, é posíbel facer unha pregunta básica: cal é entón o mellor tipo? No terreo estrito das matemáticas é interesante comprobarmos como Dixital e Melee non son malos contra ningún outro tipo. No caso do primeiro, ademais, será bo contra tres: Mental, Dixital e Melee, polo que a súa utilidade está máis que demostrada.
Como hai moitos xogadores neste novo universo, os experimentos están á orde do día na procura do equipo perfecto. Por exemplo, WhereLeeYT en reddit explica que tendo seis tipos no teu equipo xa podes ser forte contra os doce restantes e que con tres Temtem abondaría para materializar este feito: Barnshe, Nessla e Vulcrane.