Actualidade Gwent presenta Master Mirror, a súa quinta expansión que chegará en xuño

Gwent presenta Master Mirror, a súa quinta expansión que chegará en xuño

Master Mirror é o nome da quinta expansión de Gwent, o título de cartas de CD Projekt. As novas barallas teñen prevista a súa chegada o 30 de xuño a PC, iOS e Android. Aterrarán setenta cartas novas vinculadas a Gaunter O’Dimm, o antagonista da expansión Hearts of Stone de The Witcher III: Wild Hunt.

Cartas vinculadas a diferentes faccións, así como novas cartas lendarias únense á repartición e poden evolucionar segundo avancen as roldas. Novas habilidades e estados tamén estarán incluídos cos que poder aumentar as opcións estratéxicas durante as partidas. Na páxina web de Gwent podedes consultar todos os detalles relacionados con Master Mirror, que será totalmente de balde para os xogadores.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.