Actualidade Gwent: The Witcher Card Game anuncia a súa versión para dispositivos móbiles

Gwent: The Witcher Card Game anuncia a súa versión para dispositivos móbiles

Gwent: The Witcher Card Game será un título tamén para dispositivos móbiles. O xogo de CD Projekt RED, que estaba dispoñible para PC, PS4 e Xbox One, dá o salto a iOS e Android. Os usuarios da compañía da mazá gozarán con antelación desta versión. Os datos do lanzamento en Android comunicaranse proximamente.

«Traballamos moi duro para adaptar Gwent aos teléfonos» di Jason Slama, director de Gwent: The Witcher Card Game. «Deixando ao carón os preciosos visuais, adaptamos a nosa tecnoloxía, incluíndo GOG Galaxy que fai posible o multixogador de Gwent, para ser soportado en teléfonos móbiles. Creo que a nosa visión de levar o xogo aos teléfonos móbiles combina o mellor que podemos ofrecer en gráficos e jugabilidad. Non podo  esperar para compartir máis detalles sobre este tema convosco máis adiante este ano».

Doutra banda, lembrar que CD Projekt RED anunciou recentemente a expansión de temática vampiresa Crimson Curse. Trátase do primeiro contido desta clase en Gwent e chegará este 28 de marzo.

A expansión Crimson Curse chega esta mesma semana.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
    • Pastel de carne
    • En: 31 de Marzo de 2019

    É sorprendente as pocas gañas coas que implementan estes xogos nos dispositivos móviles. O hearthstone, que é o rival a batir, fixo un port bastante pobre do xogo a tablet, que é a plataforma máis propicia para xogar a estas cousas. Non coñezo a ningún “hardcore” do Hearthstone que o toque en android/ios (e por sorprendente que pareza, coñezo a varios hardcore do xogo)