Hades aterrará en Switch e celebra a súa versión 1.0 cun novo tráiler

Hades aterrará en Switch e celebra a súa versión 1.0 cun novo tráiler

O último Indie World de Nintendo deu para moito, e a chegada de Hades, xogo desenvolto por Supergiant Games, foi unha das novidades máis aplaudidas pola comunidade. A máquina híbrida recibirá a nova obra dos creadores de Bastion ou Transistor despois da súa exclusividade coa Epic Games Store, plataforma á que chegou en decembro de 2018 como un early access.

Hades pode ser definido como un áxil e vibrante rogue-like de acción, xenial para todos os amantes do xénero. O xogador métese no papel do príncipe do Inframundo perante a idea de escapar deste espazo infernal. Como é habitual, iremos desbloqueando poderes, armas e diversos elementos que farán que cada intento sexa diferente e, dalgún xeito, algo máis sinxelo que o anterior.

O título tamén incluirá a posibilidade de gardar datos multiplataforma, podendo transferir os datos da versión de PC a Nintendo Switch. Sen data exacta, chegará este outono para Switch.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados