Hades sae elixido como xogo do ano nos BAFTA

A Academia Británica das Artes Cinematográficas non o dubidou: Hades é o mellor xogo do ano na edición dos BAFTA 2021. O título de Supergiant Games conseguiu triunfar, ademais, noutras catro categorías, entre as que están a de mellor narrativa e mellor deseño.
Pola súa banda, The Last of Us Parte II levou o premio do público e tamén o de mellor interpretación protagonista, galardón que levou Laura Bailey, polo seu papel como Abby. A continuación tes o resto de gañadores por categorías:
- Mellor Animación: The Last of Us Parte II
- Mellor Logro Artístico: Hades
- Mellor Apartado de Son: Ghost of Tsushima
- Mellor Xogo: Hades
- Mellor Xogo Británico: Sackboy: Una aventura a lo grande
- Mellor Debut: Carrion
- Mellor «Evolving Game»: Sea of Thieves
- Mellor Xogo Familiar: Sackboy: Una aventura a lo grande
- Mellor Más Alá do Entretemento: Animal Crossing: New Horizons
- Mellor Deseño: Hades
- Mellor Multixogador: Animal Crossing: New Horizons
- Mellor Banda Sonora: Marvel’s Spider Man: Miles Morales
- Mellor Narrativa: Hades
- Mellor Nova IP: Kentucky Route Zero: TV Edition
- Mellor Intérprete Protagonista: Laura Bailey (Abby) – The Last of Us Parte II
- Mellor Intérprete Secundario: Logan Cunningham (Hades, Achilles, Poseidon, Asterius, Charon y el narrador) – Hades
- Mellor Fito Técnico: Dreams
- Xogo do ano para o público: The Last of Us Parte II