Actualidade Half-Life: Alyx anuncia data e detalles de lanzamento

Half-Life: Alyx anuncia data e detalles de lanzamento

A saga Half-Life continuará viva. Valve vén de publicar o primeiro adianto de Half- Life: Alyx, unha obra para realidade virtual (VR) que narrará os acontecementos ocorridos entre o primeiro título e o segundo.

A compañía de Gabe Newell destacou que se trata dun proxecto ambicioso, no que prometen unha interacción total coa contorna, podendo o xogador manipular todos os obxectos que atope, así como piratear terminais, disparar armas ou buscar entre os entullos diversos recursos. Non se poderá xogar sen un periférico VR.

Ten xa ficha en Steam, que adianta e confirma a súa data de lanzamento: marzo de 2020. Ademais de ser compatible con Valde Index, tamén se poderá gozar a través de HTC Vive, Oculus Rift, Windows Mixed Reality ou Oculus Quest.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *