Half-Life Alyx confirma o seu lanzamento en marzo para Steam

Half-Life Alyx confirma o seu lanzamento en marzo para Steam

Doce anos despois, a terceira entrega da saga Half-Life será unha realidade. Aínda que non da maneira que todo o mundo imaxinaba, xa que nesta ocasión teremos que utilizar os nosos dispositivos de realidade virtual para xogar. Half- Life Alyx chegará finalmente o 23 de marzo á plataforma de Valve e será a primeira entrega da saga desde o lanzamento de Half-Life 2: Episodio 2.

En termos cronolóxicos, Half-Life: Alyx ten lugar entre o primeiro título da franquía e a súa secuela. Nesta ocasión non tomaremos o control de Gordon Freeman, senón de Alyx Vance, a cal liderará a resistencia fronte á invasión extraterrestre de Combíneos. A fórmula será a clásica da saga: exploración, combates, quebracabezas e historia, malia que todo desde a perspectiva da tecnoloxía VR.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados