Halloween vívese de xeito especial en Dead by Daylight
Mantendo a tradición, Dead by Daylight vivirá o terror de Halloween de xeito moi intenso. Behaviour Interactive vén de presentar o evento anual co que quere celebrar unha festa moi habitual no mundo dixital, con multitude de títulos realizando especiais de seu.
The Withering Blight event is coming soon! We don't want you to go unprepared, so here's an overview of what's to come: https://t.co/vzJwiYRDvm#DeadbyDaylight #DBD pic.twitter.com/YB1EwAnakb
— Dead by Daylight (@DeadByBHVR) October 8, 2019
O evento leva por nome Withering Blight e poderá ser gozado a partir do próximo 22 de outubro; finalizará o 1 de novembro. Durante estas datas, os usuarios obterán tres obxectos diferentes nas partidas: Will’O Wisp Flashlight, All Hallows’Eve Lunchbox e Pustula Petals Offering.
Os Pustula Petals desaparecerán unha vez remate o evento, pois provocan algúns cambios no mapa durante as partidas. Como asasinos, aparecerán ganchos adicionais; como sobreviventes, recibiremos máis bloodpoints. Tamén haberá novos retos nos arquivos e cosméticos especiais.