Halo Infinite detalla o funcionamento do seus sistema de micropagos
Aos poucos vanse coñecendo máis capas das que conforman Halo Infinite, o que ía ser o buque insignia da estrea de Xbox Series X e que finalmente foi atrasado até o 2021. Foi o director de comunidade John Junyszek o encargado de contestar algunhas das dúbidas que xurdiron entre a lexión de xogadores.
Respecto da presenza de microtransaccións dentro do título, Junyszek contestou que os elemento cosméticos e de personalización poderán ser obtidos xogando. Iso si, as compras dentro do xogo estarán presentes, aínda que o responsábel de 343 Industries remarca que non será a única forma de obtelos.
O cambio no sistema de cores non parece deixar contento a todo o mundo e solicitou un sistema híbrido entre o clásico e o novo. «Deixar atrás o sistema de cores foi unha decisión difícil, pero permitiunos ofrecer maior detalle e variación nas cores de armadura, materiais, patróns, etc», aclarou Junyzsek.
"Coatings (and therefore colors) can only be purchased?! >:("
No, that is not the case. There will be all kinds customization items (including coatings) that can be earned in-game and earned as special rewards. Will there be purchases? Sure. Is that the only way? Absolutely not.
— John Junyszek (@Unyshek) October 24, 2020