Halo Infinite e Stardew Valley, na primeira quenda do Xbox Game Pass de decembro

Microsoft confirmou os títulos que conformarán a primeira quenda de xogos que chegarán este decembro ao Xbox Game Pass.
Sen dúbida, a estrela é Halo Infinite, a nova obra de 343 Industries, o agardado exclusivo de Xbox que se estreará o 8 de decembro e está chamado a ser un dos FPS do ano.
Non chegará só, ou non estará só cando chegue, máis ben. Hoxe mesmo chegan ao servizo ANVII, Archvale, Final Fantasy XIII-2, Lawn Mowing Simulator, Rubber Bandits, Warhammer 40K: Battlesector e outra obra de relevancia, Stardew Valley.
Nuns días aterrarán no servizo Space Warlord Organ Trading Simulator, One Piece Pirate Warriors 4 e dous títulos multixogador bastante interesantes: Alien: Fireteam Elite e Among Us. Está claro que Microsoft quere que pasemos unhas boas navidades.