Halo Infinite non chegará co lanzamento de Series X
Malia que no comunicado oficial non se sinala en ningún momento as críticas recibidas o día da súa presentación, 343 Industries tomou nota e decidiu que Halo Infinite sexa lanzado máis tarde do programado.
O título defínese como a gran obra de lanzamento para Xbox Series X, e nun principio ía estar aí o primeiro día que chegase ás tendas a consola, pero tardará, polo menos, uns meses máis.
«A decisión de mudar a nosa data de lanzamento é o resultado de múltiples factores que contribuíron a crear dificultades no desenvolvemento, incluíndo o impacto da COVID-19. Quero recoñecer o esforzo do noso equipo de 343 Industries, que seguiu comprometido con facer un xogo excelente e atopar solucións a estes problemas. Emporiso, polo ben do noso equipo, non é sostíbel lanzar o xogo este Nadal», reza o comunicado, asinado por Chris Le, director do estudio.
«Sabemos que esta nova será decepcionante para moitos de vós, e compartimos o sentimento. A paixón e o apoio da comunidade ao longo dos anos foi incríbel e inspiradora para nós. Non había nada que quixésemos máis que xogar o noso xogo coa comunidade a finais deste ano. O tempo extra permitiranos terminar algúns detalles críticos para poder lanzar o xogo máis ambicioso de Halo até a data e coa calidade que sabemos os nosos fans esperan», finaliza.
Halo Infinite Development Update pic.twitter.com/TFZvXhRN9f
— Halo (@Halo) August 11, 2020