Halo Infinite perde a Chris Lee, director do proxecto
Hai apenas uns días contabámosvos como 343 Industries detallaba o sistema de micropagos de Halo Infinite. Agora, o título volve ser noticia debido á marcha de Chris Lee do proxecto. O que até o de agora fora director do xogo permanecerá traballando para Microsoft, aínda que noutro departamento.
Lee xustificou no seu momento o atraso da chegada de Halo Infinite debido ás dificultades derivadas da pandemia, aínda que a aparición de Joe Staten e Pierre Hintze no seo do estudio foi un indicativo de que Microsoft non estaba satisfeita co traballo de Lee. Hintze e Staten tomaron o control do desenvolvemento do modo campaña e multixogador desde a súa chegada.
Sen unha data concreta de lanzamento, Halo Infinite xa sufriu cambios notábeis na súa estrutura, como o abandono en agosto de 2019 de Tim Longo e Mary Olson, director creativo e produtora executiva da desenvolvedora, respectivamente.
Bloomberg scoop: Halo Infinite director and longtime 343 executive Chris Lee has left the project. This is the second Halo Infinite director to depart in two years, and another sign of the game's turbulent development. https://t.co/JmuSDQK87x
— Jason Schreier (@jasonschreier) October 28, 2020