Actualidade Halo: The Master Chief Collection chegará a Steam

Halo: The Master Chief Collection chegará a Steam

Microsoft e 343 Industries anunciaron este martes 12 de marzo, durante o Inside Xbox, que Halo: The Master Chief Collection chegará a PC a finais deste ano.

Non se ofreceron datas precisas dos lanzamentos, pero si que irán saíndo aos poucos.

Curiosamente non o fará só pola tenda dixital de Microsoft, senón que tamén estará dispoñible en Steam, a plataforma de Valve.O estudio ten planeado publicar cada xogo respectando a súa orde cronolóxica, a saber: Halo: Combat Evolved, Halo 2, Halo 3, Halo 3: ODST, e Halo 4. A maiores, 343 Industries confirmou tamén a chegada de Halo: Reach. Os usuarios poderán facerse con eles a medida que vaian vendo a luz segundo un calendario que polo momento é descoñecido, xa que non se ofreceron datas concretas de lanzamento.

De todas as entregas da saga, só Halo: Combat Evolved e Halo 2 chegaron a poder ser xogados en PC. O primeiro fíxoo en 2003, e o segundo en 2007. Nos dous casos pasaron un par de anos dende a súa estrea en Xbox até chegar aos ordenadores. Microsoft cumpre con esta nova un dos maiores desexos arredor da saga Halo, que era a súa chegada a outra plataforma que non só fora a súa consola de sobremesa.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.