Reportaxes Hamako Mori, a avoa dos youtubeiros de videxogos

Hamako Mori, a avoa dos youtubeiros de videxogos

Nada en terras xaponeas, o 18 de febreiro de 1930, Hamako Mori gozou dos videoxogos ao longo dos últimos 39 anos. Trátase dunha afección á que lle engadiu outra nos últimos tempos: retransmitir as súas partidas ao mundo enteiro. Mori, coñecida como Gamer Grandma, converteuse aos seus 90 anos na youtubeira de videoxogos máis anciá do planeta.

O título honorífico outorgoullo a organización dos  Guinness World  Records. A día de hoxe, ten na súa canle case 250.000 seguidores, lugar onde podemos ver as súas partidas en CoD, Days Gone, GTA V, Skyrim ou NieR: Automata.

Mori explica que moita xente, cando envellece, evita probar cousas novas, algo que ela defende. De GTA V di, por exemplo, que é unha obra moi divertida, e que unha vez comezas non podes parar xa que é case como ver unha película. No vídeo creado pola entidade que fai oficiais os récords, Mori mostra parte da súa enorme colección de videoxogos, que inclúe títulos de diversos estilos e xéneros, tamén de plataformas, desde a NES á actual xeración.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.