Actualidade Haven, un RPG cooperativo para xogar en parella

Haven, un RPG cooperativo para xogar en parella

Dous amantes que emprenden unha viaxe sen retorno que pasa por un planeta descoñecido. Un salto ao baleiro dos sentimentos, e que ten o amor como base. Así é a sinopse de Haven, un RPG cooperativo que chegará para PC ao longo do próximo 2020.

Detrás da súa creación atópase The Game Bakers, estudio que recentemente publicou en Nintendo Switch Furi, xogo de acción e loitas con personaxes deseñados por Takashi Okazaki, e que anteriormente logrou alcanzar un notable éxito en PC e PlayStation 4.

Hoxe, o estudo francés presentou o teaser do seu futuro título e un conxunto de imaxes nas que apreciar o coidado deseño de Haven. Presentado como un xogo de rol e aventura e que, aínda que se poida gozar en solitario, semella que os seus creadores queren que o día de mañá xoguemos coas nosas parellas ou con “alguén especial”, nas palabras de The Game Bakers. O ton romántico da aventura é evidente.

O xogo contará cun deseño chamativo.

O estudio francés chama a xogalo con “alguén especial”, aínda que se poderá gozar en solitario.

Os protagonistas veranse forzados a emprender unha viaxe por amor.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
  1. […] anunciado o pasado mes de febreiro. A súa proposta de xogabilidade, en parella, mostrábase interesante e atraente, pero non foi até […]