Actualidade

Henry Cavill será Geralt de Rivia na serie de The Witcher
O actor britanico Henry Cavill, recoñecido por interpretar a Superman no actual actual universo cinematográfico de DC, será o protagonista da serie The Witcher, de Netflix. O propio actor confirmou a través das súas redes sociais que será o responsable de encarnar a Geralt de Rivia, o icónico protagonista da saga de videoxogos de CD Project RED baseado nas novelas de Andrzej Sapkowski.
Netflix adquiriu os dereitos para levar á televisión esta saga de novelas despois do éxito da terceira entrega dos videoxogos, The Witcher 3: Wild Hunt.