Hermen Hulst, de Guerrilla Games, nomeado novo xefe de Sony Worldwide Studios

Hermen Hulst, de Guerrilla Games, nomeado novo xefe de Sony Worldwide Studios

PlayStation nomeou ao director xerente e cofundador de Guerrilla Games, Hermen Hulst, como o seu novo xefe de Sony Worldwide Studios. Por mor desta decisión, Hulst pasará a ocupar o cargo de xeito inmediato e administrará todo o desenvolvemento de xogos de Sony nos seus 14 estudios internos.

Doutra banda, o presidente de Worldwide Studios, Shuhei Yoshida, deixará o seu cargo actual para liderar unha nova iniciativa que coidará e nutrirá estudios externos máis pequenos e independentes. Estes cambios forman parte de a reestruturación de Sony Interactive Entertainment antes do lanzamento de PS5. Tamén chega un mes despois da partida do presidente de Worldwide Studios, Shawn Layden.

O presidente e CEO da compañía, Jim Ryan, asegurou que «Hermen é un dos líderes máis efectivos e respectados na industria dos videoxogos» polo que «non teño dúbidas de que poida liderar aos nosos equipos para ofrecer experiencias convincentes». En lugar de Hulst, Angie Smets, Jan- Bart van Beek e Michiel van der Leeuw asumirán o cargo de xefes de estudio conxuntos en Guerrilla.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados