Actualidade Hogwarts Legacy fará a súa aparición no Nadal de 2022

Hogwarts Legacy fará a súa aparición no Nadal de 2022

Howgarts Legacy xa ten data de lanzamento. Chegará este ano, mais xa na recta final do 2022, no Nadal.

Warner Bros. Games confirmou este feito no State of Play de Sony emitido na noite do xoves 17 de marzo, que tivo unha duración de algo máis de vinte minutos e que amosa as primeiras imaxes como tal do novo título.

Como é máis doado velo que explicalo, a continuación tes o vídeo íntegro, que mestura gameplay e secuencias cinemáticas. Vemos mundo aberto, coñecemos algunhas mecánicas e, en xeral, entendemos como vai funcionar este universo dixital que quere aproveitar o nome dunha das franquías culturais máis relevantes e económicas da historia: Harry Potter.

Contará con versións para PlayStation 5, Xbox Series X|S, PlayStation 4, Xbox One e PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.