Hollow Knight celebra San Valentín presentando novo contido

Día dos namorados? Algúns aínda o estamos desa obra xenuína e esixente que é Hollow Knight, a aventura creada por Team Cherrie. Este xoves, 14 de febreiro, o estudo amosará as primeiras imaxes e detalles da súa nova expansión.
Nesta ocasión, o DLC será de pago, a diferenza do seu anterior gran actualización, Godmaster, na que se engadiron xefes finais, secundarios e diferentes obxectos e segredos. Foi totalmente de balde, un xesto que a comunidade agradeceu e que simulou ser un estimulante a modo de premio para as decenas de miles de usuarios que apostaron por Hollow Knight no seu día.
Ready your Needle!
First look at Hornet's new adventure coming this Valentine's Day, February 14th! pic.twitter.com/LVgKkPYi1U
— Team Cherry (@TeamCherryGames) February 11, 2019
O título de Team Cherrie converteuse nun dos grandes éxitos do 2017, chegando a Nintendo Switch o ano pasado. A súa dificultade e o seu belo deseño dotaron a este metroidvania dunha personalidade única.