Actualidade Horizon: Zero Dawn expón os requisitos mínimos e recomendados en PC

Horizon: Zero Dawn expón os requisitos mínimos e recomendados en PC

O día 7 de agosto Horizon: Zero Dawn dará por finalizada a súa exclusividade con PlayStation e poderá ser xogado en PC, tanto na Epic Games Store como en Steam. O título de Guerrilla chegará coa súa Complete Edition baixo o brazo que conta coa expansión The Frozen Wilds incluída.

Resolucións até 4K, soporte para monitores ultrawide e framerate desbloqueado son algunhas das melloras máis importantes respecto a a versión de PS4 que se lanzou en 2017. A tenda de Valve xa publicou os requisitos dos vosos computadores para poder gozar da aventura de Aloy e son os seguintes:

Requisitos mínimos:

  • Require un procesador e un sistema operativo de 64 bits
  • SO: Windows 10 64- bits
  • Procesador: Intel Core i5-2500 K@3.3Ghz ou AMD FX 6300@3.5Ghz
  • Memoria: 8 GB de RAM
  • Tarxeta gráfica: Nvidia GeForce GTX 780 (3 GB) ou AMD Radeon R9 290 (4 GB)
  • DirectX: Versión 12
  • Almacenamento: 100 GB de espazo dispoñíbel

Requisitos recomendados:

  • Require un procesador e un sistema operativo de 64 bits
  • SO: Windows 10 64- bits
  • Procesador: Intel Core i7-4770 K@3.5Ghz ou Ryzen 5 1500X@3.5Ghz
  • Memoria: 16 GB de RAM
  • Tarxeta gráfica: Nvidia GeForce GTX 1060 (6 GB) ou AMD Radeon RX 580 (8 GB)
  • DirectX: Versión 12
  • Almacenamento: 100 GB de espazo dispoñíbel

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.