Actualidade Horizon Zero Dawn xa abraza o éxito en Steam

Horizon Zero Dawn xa abraza o éxito en Steam

Confirmado desde hai varias semanas, Horizon Zero Dawn: Complete Edition chegará o 7 de agosto para PC. O pasado 3 de xullo abríronse as reservas dixitais e o éxito non tardou en chegar: converteuse na obra máis reservada dentro da plataforma de venda de Valve esta última semana. O interese e a atención que suscita a aventura de Aloy queda evidenciada.

O xogo de Guerrilla Games ten un prezo de 49,99 euros e foi un dos exclusivos de PlayStation 4 máis exitosos da xeración. De forma similar, Death Stranding, só dispoñible na máquina de Sony até este mes, tamén aterrará con diversas melloras gráficas e de contido.

Horizon: Zero Dawn Complete Edition incluirá, amais da expansión The Frozen Wilds, os seguintes contidos adicionais, sen contar con todas as melloras técnicas para o motor Decima Engine:

  • Roupas de Gardabosques Tormenta Carja e arco Carja poderoso
  • Pack de comerciante Carja
  • Traxe de pioneira Banuk e arco de sacrificio Banuk
  • Pack de viaxe Banuk
  • Pack de gardiá Nora

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.