HTC presentou Vive Pro 2, as súas nuevas gafas de realidade virtual
Comentaban na obra fantástica de Ernest Cline, Ready Player One, que a realidade sabía a pouco. Quizais algún día así nolo pareza, pois a chamada realidade virtual continúa o seu avance. Este martes, 11 de maio, HTC presentou as súas novas lentes para entrar neste mundo, un dispositivo que chegará o 4 de xuño e que promete mellorar o xa coñecido, baixo o nome Vive Pro 2.
Entra as características máis destacadas do aparello están a de ter unha resolución de 5K, 2448×2448 píxeles por ollo, unha taxa de 120 Hz e un FOV de até 120 graos. Se un quere unha comparación rápida co Vive Pro lanzado no 2018, é posible sinalar que mellora as prestacións anteriores de 2880×1600 de resolución, 90 Hz e 110 graos de FOV.
Ademais, as novas lentes terán soporte para DSC (Display Stream Compression), unha función que evita a perda visual, tal e como sucede en monitores de alta gama. Por mor disto, HTC asegura que o sistema ofrece un «desenfoque mínimo no movemento». Doutra banda, o coñecido como Screen Door Effect foi eliminado xa.
Por suposto, os auriculares integrados teñen son 3D espacial e o headset é compatible con auriculares de terceiros. Tamén funcionará con todos os accesorios de SteamVR. Iso si, o prezo… Haberá que abrir a carteira e sacar 1.399 euros para compralas (con todo o equipo necesario para o seu funcionamiento). Se queres podes reservalas xa por 739 euros cun desconto especial, que logo se incrementará até os 799 euros.