Actualidade Hyper Light Drifter e Mutant Year Zero, de balde na Epic Games Store esta semana

Hyper Light Drifter e Mutant Year Zero, de balde na Epic Games Store esta semana

Dito e titulado. Hyper Light Drifter e Mutant Year Zero son os novos xogos gratis da Epic Games Store desta semana.

O primeiro defínese por ser a ópera prima do estudio Heart Machine, un hack & slash de dúas dimensións cun estilo persoal, elegante e pixelado; máis que coñecido no mundo dos títulos independentes. Cómpre lembrar que o equipo que deu forma a esta obra está xa traballando no seu segundo proxecto, de nome Solar Ash Kingdom.

Mutant Year Zero, pola súa banda, é un título de estratexia que de seguro atraerá a túa atención se xogaches a X- COM e gozas deste tipo de xogos. Hai apenas unhas semanas tamén chegaba a Nintendo Switch, polo que aínda está vestido de actualidade.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.