Hyper Scape lanza a súa segunda tempada con novos escenarios e armas
O título de balde Hyper Scape non termina de conseguir as cotas de éxito que esperaba Ubisoft após o seu lanzamento. É por iso que a chegada hoxe mesmo da segunda tempada do xogo pretende ser un novo impulso para a súa popularidade.
Un novo distrito implementarase á cidade de Neo-Arcadia; Memorial District é o nome desta rexión que se atopa na cima do Outeiro da Unidade. Numerosas recompensas esperan a ser descubertas neste lugar, algunhas como a nova arma Atrax que permite lanzar explosivos pegañentos.
Tamén se incluíu un hack que lles permite aos xogadores crear plataformas para acelerar o seu movemento pola urbe. Será necesario dominar esta habilidade xa que chegará un modo chamado Floor is Lava no que o chan será invadido por magma.
Cromwn Rush é outro dos modos novos por tempo limitado e que inclúe unha función chamada Second Chance, a cal permite que os xogadores eliminados ao principio da partida sexan revividos. Regresa igualmente Faction War cunha serie de correccións para mellorar a experiencia.