I Am Dead, o novo de Annapurna Interactive, xa conta con data de lanzamento
Entre as editoras máis fiábeis da industria do videoxogo atópase sen ningunha dúbida Annapurna Interactive. Cada elección á hora de apoiar estudios para sacar adiante os seus proxectos resulta sempre maxistral; por mor disto, gañaron ese dereito a termos os focos apuntando sobre eles cando auncian novidades.
I Am Dead é o nome do novo título que chegará ao mercado baixo o seu selo. Nesta obra controlaremos a Morris Chapman, un home falecido que deberá atopar ás pantasmas da illa de Shelmerston, a cal sufrirá de forma inminente unha erupción volcánica.
Ao noso lado atoparase Sparky, a mascota de Morris que posúe unha visión de raios x coa que descubrir os misterios que oculta a illa. I Am Dead chegará o vindeiro 8 de outubro a PC e Nintendo Switch.