id Software rectifica e elimina Denuvo da nova actualización de DOOM Eternal

id Software rectifica e elimina Denuvo da nova actualización de DOOM Eternal

Rectificar é de sabios e non sempre podemos ver este refrán aplicado ao mundo dos videoxogos. Nesta ocasión, id Software decidiu dar marcha atrás eliminando o sistema Denuvo da vindeira actualización de DOOM Eternal. Foi o produtor do título, Marty Stratton, quen revelou que «o feedback dos xogadores deixounos claro que temos que reevaluar o noso enfoque á hora de implementar sistemas antitrampas». Stratton tamén sinalou que a decisión de implementar Denuvo partiu deles mesmos e non de Bethesda.

Segundo o estudio, Denuvo Anti-Cheat non afectou o rendemento do xogo en PC, malia que si que se detectaron e eliminaron diversos problemas relacionados coas skins personalizábeis. Tamén foron solucionados os erros que provocaban crasheos do xogo. Desde id Software consideraron que a campaña en solitario debería poder ser gozada sen instalar o software, namentres buscan fórmulas para implementaren este tipo de tecnoloxía cunha mellor resposta por parte da comunidade.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados