Indiecalypse, un Kickstarter á velocidade do raio

Indiecalypse, un Kickstarter á velocidade do raio

Hai proxectos que parecen interesantes, outros que contan con toda a atención posible e, por último, están os que triunfan de xeito inmediato. É o caso de Indiecalypse, obra en desenvolvemento por parte do estudo barcelonés JansuSoft, e que en tan só dous días superou a barreira dos 13.500 euros que pedían en Kickstarter que se antollaban necesarios para a materialización do seu xogo en PS4, Xbox One, PC e Nintendo Switch.

En apenas unhas horas, Indiecalypse xa case alcanzara o seu obxectivo, e agora, coa tranquilidade por bandeira, afrontará os vinte e sete días que restan. Que conta este título? Trátase dunha aventura na que nos situamos na pel de tres desenvolvedores de videoxogos: un artista, un programador e un responsábel de son. Ao longo do xogo teremos que ir vivindo o día a día do crecemento do seu proxecto; por suposto, a cantidade de problemas que acharemos é tan ampla como imprevisible.

A nivel de xogabilidade, Indiecalypse preséntase como unha mestura de diversos estilos e xéneros, co humor como base argumental e chiscadelas decote á industria do videoxogo. Haberá momentos nos que será un título de loita, outro de plataformas… Agárdase que en menos dun ano, o proxecto vexa a luz.

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados