Actualidade
Inmortals Fenyx Rising lanza a súa demo en Stadia xunto cun novo tráiler
Novo adianto de Inmortals Fenyx Rising, a obra de Ubisoft que lembra poderosamente a The Legend of Zelda: Breath of the Wild. Unha demo para Google Stadia atópase xa dispoñíbel xunto co vídeo centrado na historia do vilán Tifón, un dos titáns que escapou das fosas do Tártaro e que se prepara para derrocar o Olimpo.
Grazas ao noso personaxe personalizable Fenyx, teremos que lle parar os pés namentres acabamos con todo tipo de seres mitolóxicos como arpías, gorgonas ou cíclopes. A obra chegará completamente dobrada e traducida ao castelán e a súa data de lanzamento está prevista para o vindeiro 3 de decembro.