Actualidade Insomniac Games explica o cambio de actor no remaster de Marvel’s Spider-Man

Insomniac Games explica o cambio de actor no remaster de Marvel’s Spider-Man

A remasterización das dúbidas. Após confirmar onte que si poderemos traspasar os nosos datos gardados de Spider-Man Miles Morales entre PS4 e PS5, algún que outro xogador arqueou a cella durante o primeiro adianto do lavado de fronte da aventura de Peter Parker do 2018.

Un lavado de fronte que transformou ao protagonista da historia, que xa non se atopa caracterizado polo actor John Bubniak, senón que agora mesmo é Ben Jordan. Desta forma pasamos dun Peter novo, pero con experiencia nas artes superheroicas, a un novo raparigo que parece terminar os seus estudos recentemente.

Fronte as queixas e dúbidas da comunidade, o director creativo Bryan Intihar explicou os motivos deste cambio.«Namentres estudabamos o futuro da saga e o salto a PS5, foi preciso ofrecer personaxes máis cribles até atopar un parecido facial mellor para o actor Yuri Lowenthal», explicou Intihar.

Por tanto, os seguidores do título terán que se afacer á cara do seu personaxe favorito. O remaster de Marvel’s Spiderman recibirá diversas melloras como o uso do ray tracing ou unha maior distancia de debuxado, así como un modo rendemento que nos permitirá manter ao xogo en 60 fotogramas por segundo.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.