Iron Harvest 1920+ presenta a súa realidade alternativa en PC

Iron Harvest 1920+, o xogo de estratexia en tempo real de KING Art Games está dispoñíbel para a súa venda en formato PC desde esta semana. Mechas xigantes de estilo dieselpunk levan as batallas estratéxicas a un novo nivel nesta obra RTS ambientada nunha historia alternativa da década de 1920.
«No corazón da Europa rural a vida entra en colisión coa guerra tecnolóxica e Polania loita pola súa propia existencia xa que a súa xente está loitando cas tropas Saxonian e Rusviet. Os xogadores tomarán o control de cada facción e os seus heroes únicos namentres avanzan no rico e fondo apartado argumental», reza a sinopse oficial. As versións de PS4 e Xbox One chegarán pronto.
No comezo do ano, King Art e Deep Silver anunciaron a edición coleccionista de Iron Harvest que xa está dispoñíbel para a súa reserva anticipada na tenda Game Legend así como noutras cadeas de tendas adscritas á promoción. Esta edición conta cun prezo de venda recomendado de 79,99 euros e inclúe:
- Unha figura da mítica armadura “Pkp 17 Eisenhans”
- Banda Sonora en formato CD composta polo coñecido compositor musical de videoxogos Adam Skorupa e a empresa “Music Imaginary” (The Witcher®, Shadow Warrior®)
- Libro de arte – con ilustracións de Jakub Rozalski, creador do universo 1920+.
- Caixa Steelbook
- Póster a dobre cara cun arte único.