Ironhack e Os Sims únense para ofrecer 800.000 euros en bolsas de estudos

Ironhack, a escola técnica que opera desde 2013 e Os Sims, a coñecida franquía de videoxogos de Electronic Arts, únense polo lanzamento de Os Sims 4 Días de Universidade, a nova expansión na que os Sims poderán acceder á Universidade para adquirir as habilidades precisas para creceren nas súas futuras carreiras. Como resultado desta unión que relaciona o mundo real co do videoxogo, ambas as dúas compañías ofrecerán novas bolsas de estudos para axudar aos xogadores que queiran aprender novas técnicas e descubrir algunha das carreiras máis excitantes e demandadas na industria do videoxogo.
Todos os seguidores dos Sims poderán solicitar unha das bolsas ofertadas en calquera dos nove campus europeos que Ironhack ten en cidades de todo o mundo, como Madrid, Barcelona, Paris, Amsterdam, Berlín, Lisboa, Miami, México ou Sao Paulo. As bolsas terán o obxectivo de ensinar as habilidades esenciais para o desenvolvemento de videoxogos e adquirir coñecementos sobre o crecente mercado laboral da industria tecnolóxica. Namentres os xogadores levan os seus Sims ao campus co pack de expansión Días de Universidade, Os Sims e Ironhack traballarán xuntos para animar a toda unha xeración a tomar as rendas do seu futuro con esta oportunidade para aprender novos e valiosos coñecementos.
As solicitudes:
- Estarán abertas até o 17 de decembro para aquelas persoas que queiran aprender, redefinir as súas habilidades técnicas e obter unha bolsa nos cursos de Desenvolvemento Web, Deseño UX/UI e Data Analytics.
- Serán máis de 400 bolsas dun total de 800.000€ que se outorgarán a cursos a tempo completo ou parcial en calquera dos nove campus de IronHack en Europa e América.
- Son de balde e abertas para todo o mundo
- Para coñecer máis detalles, aquí tes a ligazón oficial
Calendario de admisión para as bolsas
- 3 de decembro – Apertura de solicitudes
- Do 3 de decembro ao 17 de decembro : Recepción de solicitudes e envío de test técnicos
- Do 3 de decembro ao 24 de xaneiro: Invitacións de entrevistas persoais
- Semana do 24 de xaneiro– Anuncio da listaxe de gañadores das becas