It Takes Two, o vindeiro xogo de Josef Fares, ensina as súas mecánicas nun novo adianto

It Takes Two, a futura obra cooperativa de Josef Fares, artífice de Brothers e A Way Out, estreou este lunes un adianto audiovisual no que amosa novas imaxes da súa proposta. O mesmo director é a voz que vai narrando o que vemos no vídeo, peza pequena que serve para comprender boa parte dos elementos que poderemos atopar nesta aventura na que, si ou si, deberemos xogar con alguén; á beira nosa ou en liña. Aí xa decidimos nós.
Tomaremos o control de Cody e May, unha parella que acaba de comezar coa súa separación, idea que entristece á súa filla Rose, creando dous bonecos nos que, sorpresa, serán convertidos os seus pais, obrigados agora a colaborar para reverter a situación a través dunha tola viaxe.
Desde EA Hazelight sinalaron que está será aventura máis longa do estudio até hoxe, amais de crearen un enorme número de mecánicas únicas, para que cada intre do xogo sexa diferente do anterior. O certo é que o propio Fares comentou hai uns días que ofrecería 1.000 euros a aquela persoa que se aburrise honestamente co seu xogo.
Cando chegará? Non tardará moito. O 26 de marzo aterrará en PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X| S e PC.