
Jim Ryan aclara que o 99 % dos títulos de PS4 serán retrocompatíbeis en PS5
Se se pode definir as horas posteriores ao PlayStation 5 Showcase de onte cunha palabra é confusión. Unha enorme cantidade de usuarios expresaron as súas queixas sobre a falta de información por parte de Sony respecto dun tema que non se tratou durante o evento: a retrocompatibilidade.
Jim Ryan, CEO e presidente de Sony Interactive Entertainment, declarou que o 99 % dos títulos de PS4 funcionarán na súa nova irmá, PS5. Esta porcentaxe extráese da cantidade de xogos retrocompatíbeis dendtro «dos miles que foron probados».
Porén, Sony continúa sen aclarar como funcionará este sistema de retrocompatibilidade. Para o que parece que si están disipando as dúbidas é a ausencia da retrocompatibilidade con xeracións anteriores como PS3 ou PS2.