Actualidade Journey aterra de súpeto na App Store

Journey aterra de súpeto na App Store

Sen aviso previo aviso. Así chegou Journey, a aclamada aventura de thatgamecompany, á App Store, é dicir, a calquera sistema móbil que teña instalado iOS.

Sexa no iPhone ou no iPad, os donos destes dispositivos xa poden mercar o título por 5,49 euros. Journey configúrase como unha viaxe de enorme beleza, un videoxogo de exploración no que coñecer un mundo en ruínas, con area por todas as partes, e segredos a esgalla.

A maioría dos xogadores que gozaron do título máis famoso de thatgamecompany adoitan encomiar a experiencia, breve pero intensa. Esta versión, realizada por Annapurna Games, pesa 1,1 GB e necesita iOS 12.2 para poder funcionar.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *