Actualidade Jump Force Deluxe Edition, anunciado para Nintendo Switch

Jump Force Deluxe Edition, anunciado para Nintendo Switch

Moitos heroes e viláns nun mesmo sitio, moito ego e moitas batallas. Así se podería ser definido JumpForce, o título de loita distribuído por Bandai Namco, que xa estaba dispoñíbel en PlayStation 4, Xbox One e PC, pero que vén de confirmar a súa chegada a Nintendo Switch máis pronto que tarde. A editora internacional publicou esta información nas páxinas da revista Weekly Famitsu.

Segundo a información achegada, trataríase da Deluxe Edition, polo que agruparía todo o contido da primeira tempada sen necesidade de compras adicionais. Así, Seto Kaiba (Yu-Gi-Oh!), All Might (My Hero Academia), Katsuki Bakugou (My Hero Academia),Biscuit Krueger (Hunter x Hunter), Toushirou Hitsugaya (Bleach), Grimmjow Jaegerjaquez (Bleach), Majin Buu (Dragon Ball Z), Trafalgar Law (One Piece) y Madara Uchiha (Naruto) estarían dispoñíbeis nada máis rematar a descarga.

Iso si, a segunda tempada, cos seus respectivos personaxes, deberá ser comprada por separado.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.