Actualidade Katana Zero recibirá dous novos modos de xogo a finais de mes

Katana Zero recibirá dous novos modos de xogo a finais de mes

Katana Zero, o xogo de acción en 2D publicado por Adult Swim Games, recibirá un bo número de novos engadidos e melloras nunha actualización programada para finais de este mesmo mes. O parche incluirá, entre outros elementos, dous novos modos de xogo: difícil e speedrun. Segundo o propio estudo creador do título, Akiisoft, o primeiro incluirá novos inimigos e versións dos xefes finais, mentres que o segundo permitirá saltar as cinemáticas e un «comportamento estable do inimigo».

Aínda que non se especificou unha data exacta máis aló da aproximación citada, si se confirmou que o título chegará finalmente a Australia e Nova Zelanda, onde foi censurado e non se puido poñer á venda nos seus mercados. Katana Zero foi recibindo unhas críticas moi positivas dende o seu lanzamento, demostrando por enésima vez o bo olfacto de Devolver Digital á hora de editar títulos independentes.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *