Kena: Bridge of Spirits atrásase até o mes de setembro
Seguindo a tradición da maioría de lanzamentos no último ano, Kena: Bridge of Spirits, non chegará este agosto, momento no que estaba programando o seu lanzamento; vaise ao 21 de setembro. Teremos de agardar un chisco máis. O anuncio foi realizado a través das redes sociais de Ember Lab, o estudio responsable da súa creación. Este tempo extra será utilizado para pulir o título.
— Kena: Bridge of Spirits (@emberlab) July 28, 2021
Kena: Bridge ofSpirits colocouse por mérito propio grazas á súa forma e beleza nun dos lanzamentos máis agardados para este verán en PlayStation (4 e 5),trala súa presentación nun State of Play centrado nas primeiras obras de PlayStation 5. Tamén chegará a PC.




